Primeira circular

Congreso Internacional de Linguas Iberorrománicas: Catro décadas de Iberorromanística na Universidade de Helsinqui

Primeira circular

Para conmemorar máis de catro décadas dedicadas á investigación e ensino de linguas iberorrománicas, a universidade de Helsinqui celebrará o Congreso Internacional de Linguas Iberorrománicas, que terá lugar entre os días 10 e 12 de xaneiro de 2024.

Con este congreso preténdese consolidar a tradición filolóxica, literaria e lingüística desta universidade centrada nas linguas románicas peninsulares, incluído tamén o éuscaro, se ben que non pola súa orixe, si pola súa localización e mais a súa forte impronta en varias das linguas romances ao longo dos séculos. Ademais de promocionar o estudo das linguas iberorrománicas, queremos que o encontro propicie un debate de reflexión ao redor das diferentes áreas de investigación que estas linguas posibilitan, á vez que atraia especialistas que desexen facer públicos os resultados dos seus traballos dende diferentes paradigmas teóricos e facendo uso de marcos metodolóxicos variados.

Os organizadores queremos darlles a benvida a propostas de comunicación que versen sobre calquera tema filolóxico, literario ou lingüístico relacionado co español, portugués, galego, catalán, éuscaro e mais outras linguas e dialectos peninsulares, tales coma:

  • Adquisición e ensino das linguas peninsulares coma linguas maternas, segundas linguas ou linguas estranxeiras
  • Análise do discurso
  • Bilingüismo e multilingüismo
  • Dialectoloxía
  • Estudos lingüísticos diacrónicos e sincrónicos relacionados con fonética e fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica, lexicografía e lexicoloxía, fraseoloxía, pragmática
  • Historiografía lingüística iberorrománica
  • Lingüística de corpus
  • Literatura comparada
  • Literatura contemporánea
  • Literatura medieval, renacentista, do século de ouro, neoclásica, etc.
  • Retórica
  • Sociolingüística
  • Teoría e crítica literaria
  • Tradución

As propostas de comunicación consistirán nun resumo de 250 palabras (sen a bibliografía) en calquera das linguas faladas na península ibérica. Deberán enviarse a través de EasyAbs a máis tardar o 8 de outubro de 2023.

Datas importantes
8 outubro 2023      Fin de prazo para o envío de propostas.
20 outubro 2023        Notificación de aceptación de propostas.
15 decembro 2023     Inscrición ao congreso.
10-12 xaneiro 2024    Celebración do congreso.

Conferencias plenarias
Está prevista a participación de 3 a 5 conferenciantes plenarios.

Comité de organización
Anton Granvik
Begoña Sanromán Vilas
Eeva Sippola
Elina Liikanen
Flávia Girardo Botelho Borges
Pekka Posio
Tiago da Silva Carvalho

Contacto
cili@helsinki.fi

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *